A Metro confirma que fará o remake de ‘Cantando bajo la lluvia’ en Galicia

Os membros do equipo da película andan por Galicia

Podería ser así á vista do que aforraría no recibo de auga, máis aínda tendo en conta que este venres un profunda borrasca moverase polo Norte cara ás Islas Británicas, deixando a  Galicia no radio de acción das frontes asociadas a ela. Así, durante o día achegarase unha fronte cálida que deixará os ceos cubertos con chuvias máis abundantes durante a mañá.

Cara á noite chegará unha fronte fría polo Atlántico que deixará ao seu paso chuvias xeneralizadas e unha achega de aire frío que fará que a cota de neve empece a descender quedando arredor dos 1.300 metros xa na madrugada do sábado.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, o vento soprará do sueste moderado con intervalos fortes no litoral Norte, rolando a Oeste fortes con momentos moi fortes no litoral pola noite.

As temperaturas ascenderán de modo entre lixeiro e moderado. Así, as máximas ascenderán ata os 15 graos en A Coruña, 14 en Pontevedra, Ourense e Ferrol, 13 e 9 en Vigo, mentres que as mínimas descenderán ata os 5 graos en Santiago.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.