Vigo al minuto

O alcalde quere un ‘edificio franco’ na Panificadora que sería compatible coa biblioteca do Estado

O alcalde propuxo este xoves a creación dun ‘edificio franco’ no ámbito da Panificadora que “sería perfectamente compatible» coa instalación alí da biblioteca do Estado. Así o plantexou á delegada do Estado na Zona Franca que, segundo Acabel Caballero amosouse disposta a “estudar a proposta”.

Caballero indicou que a intención é que o Consorcio da Zona Franca, «retome a súa implantación en ámbitos da cidade» xa que, comentou, en anos anteriores, «se tomaron decisións afastadas de Vigo e é o momento de tomar decisións que teñan que ver co verdadeiro motor económico deste territorio».

Na reunión con Teresa Pedrosa, o rexedor tamén lle formulou a necesidade de acometer un plan de infraestruturas que inclúa melloras nos viais onde está implantada Zona Franca, como Balaídos, ademáis, o alcalde reclamou a este organismo que instale en Vigo as futuras ‘incubadoras’ empresariais dos sectores da gastronomía e aeroespacial e apuntou que hai espazos dispoñibles e listos para ser usados no centro da cidade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.