Comarcas

Veciños de Galicia e Portugal protestan contra unha liña de alta tensión que cruzará preto das casas

Ducias de veciños de Arbo e de concellos portugueses fronteirizos desprazáronse este xoves a Santiago para protestar contra a construción dunha liña de alta tensión que pasará preto de núcleos habitados.

O voceiro deste grupo de veciños declarou aos xornalistas que representantes de Rede Eléctrica Española comunicaron xa a varios deles a ocupación das terras, polo que a instalación da liña de 400 quilovatios é «inminente».

Os afectados desprazáronse ata a Praza do Obradoiro cun ataúde para facer visible o seu rexeitamento a este proxecto xa que entenden que a liña de alta tensión é «unha ameaza» para as súas vidas porque o electromagnetismo é prexudicial para a saúde das persoas.«Produce cancro, enfermidades cardiovasculares, deformacións xenéticas e demencia senil moito máis acusada»,

Na concentración, os veciños salientaron que non se opoñen á construción dunha liña destas características para conectar España e Portugal, pero piden que se instale lonxe de zonas habitadas, “hai monte abondo», indicaron.

Segundo o proxecto, en Arbo a liña pasará entre as parroquias de Sela e Barcela por un núcleo de vivendas. Algunhas delas, afirmou, están «a 10 ou 20 metros».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.