Galicia

Catro incendios en A Coruña e Lugo que queimaron 130 hectáreas, na Serra do Xurés segue activo o que arrasou outras 300

Un incendio, que afecta xa a 50 hectáreas, permanece activo este xoves no concello lucense de Cervantes, mentres que segue estabilizado o que arrasou máis de 300 hectáreas no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés en Muiños.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, a medianoite deste xoves permanece activo un incendio na parroquia de Noceda, en Cervantes, mentres que pasda a 1 da mañá quedou outro na parroquia de Arcos do concello coruñés de Mazaricos, que queimou unhas 20 hectáreas.

Así mesmo, na provincia de Lugo foi a primeira hora de hoxe outro incendio forestal na parroquia de San Martín de Lúa en Pol, con 30 hectáreas afectadas, tres arboradas e 27 rasas. Tamén quedou extinguido dende as 11 da noite de onte un incendio na de parroquia de Amarante, no termo municipal de Antas de Ulla, en Lugo, con 30 hectáreas afectadas.

 

También te puede interesar