Galicia

Un home de 80 anos de Lugo pode ser desafiuzado da súa casa por NGB por unha débeda de 15.000 €

Stop Desahucios denuncia que un empresario de 80 anos de idade, de Lugo, podería perder a vivenda na reside dende hai 30 debido a un débeda de 15.000 € nunha «carencia de amortización de dous anos por un crédito de 70.000 €, tras ter que hipotecala por un problema de actividade profesional».

O voceiro de Stop Desahucios en Lugo, indicou que, por esa carencia de dous anos, se «duplicaron» os intereses, ao aplicárselle tres puntos de intereses por enriba do euribor fixado nese momento. «Calquera que vexa isto deduce que se trata dunha estafa», subliñou, e constatou que o octoxenario afectado podería verse obrigado a abandonar a súa vivenda por esa cantidade que lle reclama Novagalicia Banco.

O responsable de Stop Desahucios cualificou a banca de «usureira» pola aplicación de cláusulas abusivas que descoñecen o 95% dos afectados, incluíndo aquí a todos os que asinaron unha hipoteca e “non só aos que se atopan en risco de ser desafiuzados”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.