Vigo al minuto

Vigo, temos un problema!

A Universidade puxo en órbita este xoves o seu segundo ‘nanosatélite’ espacial, o Humsat-D, que foi lanzado ao espazo dende a base militar rusa de Yasny. O lanzamento foi un éxito e, ás 11.26 horas da mañá, o grupo de investigadores encargado do proxecto recibiu os seus primeiros sinais.

O Humsat-D ten unhas dimensións de 10 x 10 x 10 centímetros e uns 850 gramos de peso. A súa vida útil garantida é dun ano, aínda que pode orbitar durante moito máis tempo e seguir transmitindo con eficacia, ata que volva reingresar na atmosfera -dentro duns 25 anos-. Este satélite percorrerá unha órbita circular constante a unha altura duns 700 quilómetros da Terra.

O Humsat-D é un satélite demostrador, o primeiro que pon no espazo a ONU, que pretende avaliar a viabilidade do proxecto Humsat, unha iniciativa liderada pola Universidade de Vigo, na que participan institucións académicas de varios países e que conta tamén con respaldo da Axencia Espacial Europea.

Este proxecto pretende a posta en órbita dunha constelación de nanosatélites que transmitirán datos a sensores e estacións da Terra, coa finalidade, entre outros obxectivos, de facilitar as comunicacións en zonas con infraestruturas precarias, principalmente en países emerxentes.

O reitor salientou que a Universidade de Vigo está preparada para «dar o salto aos satélites comerciais», en busca, non só de resultados académicos ou de investigación, senón tamén económicos e de desenvolvemento social, “xa temos dous satélites en órbita e operativos, calquera empresa ou organismo pode confiar en nós para o desenvolvemento dun satélite comercial».

Tanto o reitor como o vicerreitor confirmaron que se atopan avanzados os preparativos para lanzar, a mediados do 2014, o terceiro nanosatélite con sinatura viguesa, o Femtoxat, unha unidade máis pequena e económica que será un «repetidor da constelación Humsat».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.