Cultura Vigo al minuto

Love of Lesbian, tocarán en Vigo

Será o venres 21 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo. A banda cumpre, así, co concerto previsto no programa Vigo en Festas, que fora suspendido o pasado 26 de xullo polo accidente de tren de Angrois logo de que non fose posible que estivesen na cidade en agosto, debido aos compromisos profesionais que tiña o grupo en América.

Unha vez confirmada a dispoñibilidade do grupo, decidiuse que, por mor das datas, o lugar máis axeitado para que os milleiros de fans que ten ‘Love of Lesbian’ poidesen disfrutar da súa actuación era o Auditorio.

As entradas estarán á venda a principios do mes de xaneiro, a través do servizo Servinova e no teléfono 902.504.500.

 

También te puede interesar