Vigo al minuto

@s estudantes salen, de novo, á rúa en defensa do ensino público en contra a ‘Lei Wert’

A manifestación de Vigo subindo pola Gran Vía/Tresyuno Comunciación

Milleiros de estudantes galeg@s atenderon este mércores á convocatoria á folga contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) – que se fai coincidindo coa súa votación no Senado-. Ao mediodía, en toda Galicia, saían manifestacións –como a de Vigo que empezou diante do Santa Irene– sumándose, deste xeito, ao día de protestas, en todo o Estado, contra a ‘Lei Wert’.

O Sindicato de Estudantes fixo o chamamento á folga ao alumnado de todas as etapas educativas co fin de “denunciar xa non só a aprobación da reforma educativa, senón os recortes en materia de Educación, incluídos os aplicados sobre as bolsas Erasmus” e a retirada, ademáis do decreto de bolsas e o decreto de comedores da Xunta, e “rexeitar a obrigatoriedade da relixión católica no ensino público”.

A manifestación saiu do Santa Irene pasado o mediodía/Tresyuno Comunicación

E así o entenderon alumn@s e profesor@s, moitos dos cales se sumaron ao paro e ás manifestacións nas que poideron escoitarse berros contra o Executivo –“esto nos pasa cun un Goberno facha!”, contra o ministro de Educación, “Wert, cabrón traballa de peón!”, contra os recortes no ensino e a financiación das entidades financieiras, “sí que hai cartos, están nos putos bancos!”, contra a corrupción, “O Urdangarín a traballar ao Burger King o Marichalar a traballar ao Pizza Hut!”, contra o PP, “ilegalizar o Partido Popular!” e contra os colexios privados, “públicos somos, públicos seremos, pola privada nunca pasaremos!”.

Cabeceira da manifestación/Tresyuno Comunicación

Os manifestantes, como fixeran o pasado día 24 de outubro, esixiron a retirada inmediata da Lomce, deixar de desviar cartos públicos ao ensino privado, respecto ao dereito a estudar en galego, a readmisión dos 50.000 profesor@s despedid@s e a devolución dos 6.000 millóns que se recortaron da escola pública ao tempo que rexeitaron os ‘contratos lixo’ e as prácticas en empresas, sen remunerar.

Polo que atingue ao seguimento do paro, o Sindicato de Estudantes sinalou que o mesmo é dun 80% no ensino medio, en toda Galicia, e preto do 60% na universidade, datos que non foron contestados pola Consellería de Educaión que limitouse a sinalar que non está facendo un seguimento do mesmo e que, ao mediodía, non tiña coñecemento de incidencia algunha.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.