Galicia

O goberno galego quere mobilizar 1.625 millóns de euros en innovación ate o ano 2020

O Goberno galego ven de presentar o que denominou unha ‘estratexia RIS3’ de especialización intelixente coa que captará «unha parte moi importante» dos máis de 2.700 millóns de fondos estruturais que a comunidade prevé recibir no novo presuposto 2014-2020. O obxectivo é mobilizar meses seis anos 1.625 millóns e incrementar a participación da empresa privada dende o 42 ao 50%.

Así o anunciou o presidente Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, logo do Consello da Xunta, nunha comparecencia na que salientou que se potenciará a creación de centros investigadores por parte de compañías que xa operan e impulsan proxectos innovadores no territorio galego como por exemplo Citroën, Telefónica, Indra ou Siemens.

O conselleiro avanzou que, a través da Axencia Galega de Innovación, se promoverá unha liña de axudas para facilitar que as empresas poidan instalar en Galicia unidades e centros de investigación, que estará dotada cun millón de euros.

Segundo remarcou o xefe do executivo, o obxectivo deste programa é «reinventar» o actual modelo produtivo galego, de xeito que se posibilite un crecemento «sostible» e a creación de emprego «estable e de calidade».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.