Vigo al minuto

O BNG califica de «indecente» que o Concello non pagase ainda as axudas ás familias necesitadas

Iolanda Veloso, voceira do grupo municipal do BNG

O grupo municipal do BNG calificou este mércores de «indecente» que o Concello non executara a totalidade das partidas destinadas a bolsas de comedor e libros, e ao plan social de axuda para familias con necesidades.

Iolanda Veloso, criticou que o goberno local dispoña desas partidas dende hai meses e «non dá ningunha explicación» de por que non se executan. «Para outras apresúranse máis. En menos dun mes fixeron unha amortización de crédito para dar axudas a unha aerolínea», denunciou a voceira do BNG.

A concelleira lembrou que hai familias que aínda non teñen resposta sobre se obterán bolsas para libros ou para o comedor escolar, e que o plan social de axudas a familias se atrasa por dificultades na tramitación, cando «non hai complexidade que xustifique esa demora».

Veloso denunciou que ”o goberno non é capaz de xestionar os seus propios recursos, sobre todo cando hai familias viguesas que non poden afrontar as súas «necesidades máis básicas».

En resposta ás críticas do BNG, o alcalde salientou que son «acusacións infundadas», e apuntou que as axudas para escolares «están concedidas».

Falando do plan de axudas a familias, Caballero lembrou que a súa tramitación foi moi complexa, polas dificultades para localizar algúns dos cidadáns que optaban ás axudas e emendar deficiencias nas solicitudes.

O alcalde adiantou que «de forma inmediata«, pagaranse esas axudas, de máis de 1.000 € por familia, e reprochou aos nacionalistas que critiquen a iniciativa, en lugar de propoñer ao seu partido que «copie» ese plan alí onde goberna, por exemplo, no Concello de Pontevedra.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.