Comarcas

Galicia inaugura o outono coa Festa da Castaña e o Cogomelo de Riós

Os vindeiros sábado e domingo, días 2 e 3 de novembro, o concello ourensán de Riós celebra a súa xa tradicional ‘Festa da castaña e do cogomelo’, que serve para poñer en valor estes dous productos típicos do lugar. Durante a fin de semana haberá postos de venda de castañas, cogumelos, artesanía, textil, mesmo maquinaria, para todas as personas que se acheguen a esta fermosa parte de Galicia.

O sábado, ás 6 da tarde, será a inauguración das exposicións de castañas e de artesanía local; ás 7 haberá un recital e concertó de Emilio Rúa e o grupo de cantareiras ‘Xestreu’; ás 8, na Praza do Toural, celebración do ‘Magosto Popular’ con castañas, panceta, chourizos e debida, a un prezo de 5 € -podendose comprar as entradas en bares e tendas de Riós ate o venres, día 1. Ás 9 da noite, na mesma praza, o día rematará cun ‘discomóbil’ para todos os públicos.

O domingo, ás 9 e media da maña, na Praza do Toural, saída do ‘Tour Ciclista da Castaña’; ás 10 e media, no recinto feiral, a apertura dos postos da feira e, no Multiusos, reapertura das Exposicións de Castañas e Artesanía. Ás 11 e 12 e cuarto, pasarruas da Banda de Gaitas do Concello e, ao mediodía, recepción das autoridades e visitas aos postos, xusto antes de iniciar, á 1, a degustación de chourizos, cogomelos, castañas asadas e viño a un prezo anticrisis total: 1,5 €.

Unha hora máis tarde, entrega de premios do Tour ciclista e, á mesma hora, os asistentes poderán disfrutar dos menús especiais nos restaurantes do concello a 10 € e das pulpeiras no recinto feiral.

Xa  pola tarde, ás 5, música cunha destacanda charanga, que fará as delicias do personal para pechar, oficialmente a Feira –oficialmente, que non realmente – ás 8.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.