Galicia

Centos de Afectados polas Preferentes denuncian en Compostela que ainda faltan 500 millóns dos seus aforros

Centos de Afectados pola compra dePreferentes e Subordinadas, emitidas polas desaparecidas caixas de aforro galegas, saíron este sábado á rúa en Compostela para esixir a devolución dos seus aforros e lembrar que aínda quedan «500 millóns de euros sen devolver», e denunciar que o 60% dos aforradores ainda non teñen nen unha solución nen os seus cartos.

A marcha convocada por Adicae como noutras cidades españois, contou co apoio de plataformas de afectados de toda Galicia, así como de representantes políticos como o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence.

Durante o seu percorrido os manifestantes cantaron consignas como «nós a aforrar, eles a roubar» e portaron pancartas nas que se podía ler lemas como ‘Cos cartos dous currantes viven os mangantes’, ‘Non hai pan para tanto chourizo’, e referencias aos presidentes da Xunta e do Goberno.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.