Galicia

Máis de 1.700 chamadas ao 112 durante o temporal

O Centro de Atención ás Emerxencias 112-Galicia rexistrou entre as 7 da tarde destye luns e as 7 da mañán de hoxe, un total de 1.755 chamadas, das cales 278 foron incidencias relacionadas co temporal costeiro e de vento e choiva que afecta a Galicia.

As provincias atlánticas condensaron máis do 90% das intervencións. Concretamente, na Coruña producíronse o 51% dos incidentes, en Pontevedra o 41%, 5% en Ourense e o 3% restante en Lugo.

A maior parte das incidencias estiveron relacionadas con pólas de árbores caídas (108); anegamentos en vivendas (26) e estradas (25), así como a retirada de pedras e terra da nas estradas (25) e anegamentos en rúas.

Entre as incidencias máis destacadas atopase o desbordamento do río Obre na zona de Catro Camiños na saída de Noia a Padrón e o derrubamento en Cangas do teito dun edificio en obras, que afectou a dous coches polos cascotes.

Ademais, no concello de Valga cortouse unha estrada secundaria e dous pasos subterráneos por mor do desbordamento do río. Desde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destacan que non houbo incidentes de transcendencia e que as estradas e embalses funcionan con normalidade.

Este mesmo martes pola mañá, a Dirección Xeral de Emerxencias informou do remate dos fenómenos meteorolóxicos adversos en terra e costeiros para Galicia, quedando en nivel amarelo. De todos xeitos, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias-112 Galiciawww.112galicia.org -, que conta con información meteorolóxica, recomendacións e con enlaces de interese.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.