Vigo al minuto

Convocan unha cadea humana, este martes, en Vigo contra a ‘Lei Wert’

A Asemblea de Estudantes de Vigo (AEV), ven a convocar unha cadea humana  contra a coñecida como a ‘Lei Wert’, -#CadeaHumanaContraALOMCE – este martes, 22 de outubro, ás 12:30 en fronte do Alcampo de Coia ata a Praza América. Segundo os organizadores, “o noso obxectivo é facer un forte chamamento á folga xeral educativa do xoves 24, que tamén inclúe a pais, nais e profesorado na súa convocatoria, involucrando aos moitos viandantes da transitada rúa de Castelao e da Praza América. Queremos facer partícipe a toda a cidadanía dos problemas do sistema educativo, que nos afectan a todos e todas”.

O lugar elixido, en Coia, atópase preto dun gran número de institutos, a cuxos alumnos aq AEV quere involucrar na iniciativa, como o Alexandre Bóveda, Álvaro Cunqueiro, Santa Irena, San Tomé, Politécnico ou o Do Castro.

A Asemblea de Estudantes lembra que o seu obxectivo é a desaparición da LOMCE, “unha lei educativa segregadora, clasista, mercantilista, e non pactada coa comunidade educativa”. Baixo o lema «Educación pública, de calidade, laica e universal» secunda, así a convocatoria do xoves  -#24O folga xeral no ensino-.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.