Cultura

A Casa-Museo de Rosalía, pechada dende este domingo e ate o 30 de novembro

A Casa-Museo de Rosalía de Castro pechará ao público dende este domingo, ata o 30 de novembro,  para levar a cabo a segunda fase das obras de acondicionamento do inmoble. Tras unha primeira fase acometida a finais de 2012 e inicio de 2013 na que se acondicionou a planta baixa da casa, nesta segunda fase levarase a cabo a mellora do primeiro piso, eliminación de humedades, rehabilitación do faiado, instalación de chan radiante, acondicionamento de carpintaría exterior e sistema de seguridade.

Trátase dunhas obras necesarias para poder acometer posteriormente a reforma do perfil museográfico da Casa Museo e dotala de infraestrutura para a incorporación de novas tecnoloxías audiovisuais e novos servizos para os visitantes.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.