Vigo al minuto

Caballero anuncia a volta das becas de inglés en 2014, en contra do que quere o BNG

O alcalde avanzou este venres que o documento de presupostos municipais para 2014 incluirá partidas para construír novas escolas infantís, para bolsas de inglés no estranxeiro e para parques infantís. Hai que lembrar que os orzamentos correspondentes a este ano non engadían estes últimos investimentos posto que o BNG esixiu como condición para aprobar as contas de 2013 que Abel Caballero retirase as consignacións para parques, para as bolsas de inglés e outras partidas, para que o BNG lle dese o seu apoio no pleno.

O alcalde, quen este venres anunciou a aprobación do proxecto para a construción dunha nova gardaría de 100 prazas para Navia -cunha inversión prevista de 718.000 € e un prazo de execución de 7 meses-, advertiu de que “o goberno local non vai parar de construír escolas infantís».

Ademais delo, a voceira municipal do Bloque engadiu entre as condicións para negociar o presuposto municipal de este 2013 que o mesmo non contemplase pago algún a compañías aéreas privadas para que operen dende Peinador, condiciones que foron aceptadas por Caballero.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.