Preto de 3.000 personas manifestáronse este domingo nunha protesta, convocada pola Asociación Monte Pindo, que percorreu as rúas de Compostela en defensa do rural galego, para esixir á Xunta medidas de prevención nos montes contra os incendios e reclamar a condición de parque natural para este enclave arrasado polo lume.
A marcha, que contou co apoio de máis de 80 entidades, transcorreu baixo o lema ‘Por unha Galiza sen lumes. Por un rural con futuro’. Durante o seu percorrido os participantes han coreado lemas como ‘Máis prevención, menos extinción’, ‘Non máis lumes», »Rosa Quintana dimisión» ou ‘Feijóo, culpable, ou pobo está que arde’.
En declaracións aos medios, o presidente da asociación Monte Pindo Parque Natural denunciou que a o goberno galego «ten esquecido o rural e aos montes gastando todo os orzamentos na extinción en vez da prevención».
Gilberto Caamaño reclamou á Xunta que cumpra a petición que se leva facendo dende hai tres anos para declarar o Monte Pindo como parque natural, á que o conselleiro de Medio Ambiente, «fai oídos xordos«.
Caamaño denunciou que o Monte Pindo «quedou arrasado por enriba das 2.200 hectáreas» que di a Xunta e que si se declara monte natural «pode ser un impulso económico que axude e traia outro tipo de investimentos como o turismo verde» ou para volver reproducirse o pastoreo de cabras que existía hai décadas.
Nesta liña, pediu medidas «sen máis dilación» contra a erosión nesta zona para evitar que «17.000 toneladas de terra e cinza» baixen á ría de Corcubión, que «van afectar ao berberecho de Caldebarcos e reserva mariña de Lira». En concreto, demanda a plantación de herba e gramíneas que fagan de dique de contención e poder evitar «outra catástrofe».
