Vigo al minuto

O AVE Vigo-Ourense, bloqueado

O secretario de Estado de Infraestruturas afirmou este xoves que a liña de AVE entre Ourense e Vigo é un proxecto «bloqueado dende o punto de vista ambiental». Esta foi a resposta de Rafael Catalá á pregunta do senador Fidalgo, do Partido Socialista, sobre as actuacións para os anos 2012 e 2013 na liña ferroviaria de alta velocidade entre Ourense e Vigo, “con indicación das previsións e importes e do momento de tramitación en que se atopa”.

«Atopamos un proxecto bloqueado dende o punto de vista ambiental. Hai que desbloquealo», afirmou o secretario de Estado, quen engadiu que «hai que facer novo proxecto, sometelo a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) e negociar co Ministerio de Medio Ambiente para resolver os problemas».

Catalá afirmou que «un dos eixes da política ferroviaria» do Ministerio e de Adif ten que ver coa «cohesión e a vertebración territorial» e, polo tanto, tamén facer chegar a alta velocidade a aqueles territorios que aínda non dispoñen dela.

Nesta liña, detallou que no ano 2012, dos 1.455 millóns de euros que o Ministerio de Fomento asignou a Galicia «case 1.000 millóns eran para ferrocarrís» e que dos 2.215 millóns de 2013, 786 millóns foron destinados ao mesmo fin.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.