Cultura Vigo al minuto

Seguiremos cargando coa Cruz do Castro

O pleno do Concello rexeitou este luns unha moción do BNG que instaba ao goberno local a demoler a cruz do Castro para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica. A devandita moción foi rexeirada logo da abstención do grupo socialista e o voto en contra do Partido Popular.

A voceira do BNG instou ao goberno local a demoler esa cruz que «non é un monumento relixioso, nin unha homenaxe a todos os caídos, senón un emblema fascista, inaugurado polo ditador Francisco Franco”.  Na moción do BNG tamén se instaba ao Concello a colocar un panel de advertencia próximo aos restos do capitán Carreró, que indique «que foi un criminal fascista», así como a adherirse ao proceso xudicial que se desenvolve en Arxentina contra os delitos de xenocidio cometidos pola ditadura franquista.

Iolanda Veloso advertiu, tanto a PSOE coma a PP, de que o acordo plenario de xuño de 1981, que aprobaba a colocación dunha placa na cruz – de 12 metros de altura, foi resultado dunha iniciativa da Xefatura Local da Falange Tradicionalista y de las JONS, que foi quen escolleu o seu emprazamento,  aprobada pola Comisión Municipal Permanente do Concello franquista o 12 de agosto de 1959-para que se convertese nun monumento de recoñecemento «a todos os caídos», non foi máis que unha forma de «reescribir a historia».  «Tirar a cruz do Castro é unha cuestión de xustiza», apuntou a voceira nacionalista, que lamentou a existencia de «vestixios da ditadura na cidade, cinco anos despois de que se aprobase a Lei de Memoria Histórica”.

O voceiro socialista, Carlos López Font, defendeu que «os socialistas sempre estiveron preocupados pola memoria histórica», e repasou as actuacións do goberno local para cumprir a lei, como cambio de nomenclatura en lugares da cidade, ou a retirada de símbolos de fachadas de edificios institucionais e relixiosos. Sen embargo, o segundo tenente de alcalde subliñou que «a fixación pode converter en símbolo o que non o é«, e aludiu ao acordo plenario de 1981. «Hoxe, a cruz do Castro é só iso, unha cruz».

Por último, o concelleiro popular Roberto Relova, reiterou o apoio total do seu grupo  ao acordo de 1981, adoptado por unanimidade e, en base a ese motivo, os 11 concelleiros do PP votaron en contra.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.