Vigo al minuto

O Concello abrirá un novo local, de xeito «estable», para o programa ‘Sereos’, no prazo dun mes

O pleno do Concello aprobou este luns por unanimidade dotar – no prazo dun mes – ao programa ‘Sereos’ de atención a persoas excluídas, dun local «permanente», froito do diálogo e consenso cos colectivos afectados.

O grupo municipal do PP presentou unha moción na que se solicitaba, inicialmente, a reapertura do local da rúa Elduayen, pechado por decisión municipal o pasado 1 de agosto. «En caso de que houbese xustificación para o peche do mencionado local, que se traslade de forma urxente a outro local de carácter permanente», rezaba a moción.

Os populares aceptaron unha emenda do BNG, de modo que o texto finalmente aprobado insta ao goberno municipal a buscar unha nova sede para a prestación do servizo de ‘Sereos’, con «tódalas garantías de atención e salvando a dignidade e profesionalidade deste servizo».

O Partido Popular rexeirou a emenda proposta polo goberno local, e defendida por la concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, na que se indicaba que, unha vez eliminada a mención á reapertura en Elduayen, fose o pleno que se comprometese a poñer a disposición de ‘Sereos’ un local estable.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.