Comarcas

A Deputación crea o Centro de Asesoramento en Novas Tecnoloxías para todos os concellos de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra adxudicou esta mañá 1,3 millóns de euros para levar a cabo o proxecto de análise e mellora das infraestruturas TIC nos concellos da provincia e a posta en marcha co Centro Provincial de Asesoramento Municipal en novas tecnoloxías (CPAM) dentro do plan DepoTIC “A tecnoloxía nas túas mans”.

O organismo provincial decidiu poñer en marcha o CPAM 2.0 ante o estado deficitario no que se atopan as infraestruturas dos concellos, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento e a implantación das TIC, eliminando as distancias entre cidadás, empresas e administración local.

De este xeito, os concellos disporán de solucións tecnolóxicas para suplir deficiencias sobre todo no referido a hardware e software, e dando pé a mellorar os servizos locais, a cohesión do territorio e sobre todo a participación cidadá na xestión de asuntos públicos.

Actuacións que desenvolven

Previsto para ofrecer servizo a 60 concellos da provincia, o CPAM se rexerá levando a cabo catro actuacións clave para conseguir obxectivos:

Auditoría de sistemas e comunicacións, se desenvolverá a principios de outubro para coñecer a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, de xeito detallado e mellorar a eficiencia de traballo dos empregados. Non só funcionará como inventario  senón que certificará o estado de cada elemento, dende cableado, equipamento de rede e telefonía, comunicacións inalámbricas (pcs, bases de datos, copias de seguridade, antivirus, análise de ameazas, auditoría de custos, etc), elaborando un mapa global de cada un dos concellos.

Plan de mellora individual a partir de tódolos datos recompilados. Propostas de mellora personalizada para cada un dos concellos, establecendo como eixo principal a redución de custos e a mellora da eficiencia, aproveitando a infraestrutura da que dispón actualmente a administración local.

Nesta liña se sitúan as propostas de formación do persoal, de adquisición de novo equipamento, saneamento de puntos débiles, análise do sistema de seguridade e procedementos de xestión personalizados a cada administración local.

Plan de mellora conxunto que se fará tras obter os resultados das anteriores actuacións. O obxectivo é minimizar e optimizar gastos derivados de telecomunicacións,  pero mellorando as prestacións de servizos proporcionando estes de xeito centralizado dende a Deputación.

Ademais a Deputación desenvolverá una política de seguridade común que se porá a disposición de todos os concellos rexéndose polo Esquema Nacional de Seguridade,  debido ó crecente problema da seguridade da infraestrutura tecnolóxica.

Centro de atención ó usuario CAU. Unha das actuacións máis importantes no proxecto. Proporciona soporte e asesoramento personalizado a cada administración local e tódolos seus empleados públicos.

Se trata dun servizo que se proporciona de xeito centralizado dende a Deputación, coñecendo os problemas e o estado no que se atopan as tecnoloxías de primeira man no momento. Conta con 12 persoas que proporcionarán a atención de luns a venres en horario continuado de 8 a 20 horas; entre as que se diferencian profesionais de nivel 1 para a recepción de incidencias, diagnóstico e resolución. Técnicos de nivel 2, para incidencias de maior complexidade que requiran persoal con máis experiencia e formación, e técnicos de soporte a aplicación, especializados en tarefas relacionados co uso e manexo da Plataforma centralizada da administración Electrónica como daquelas que a Deputación proverá a través da nube privada, depoCloud.

A través do CPAM 2.0 o organismo provincial pretende conseguir a eliminación de barreiras entre administración e cidadás e unha maior cohesión, mellorando todas as prestacións públicas a disposición dos usuarios e impulsando o crecemento económico e a creación de emprego na provincia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.