Cultura Vigo al minuto

Vigo, protagonista dunha serie web rodada na cidade e por veciños da mesma

Fabián Figueroa e Piño Prego, directores da serie web ‘Vigópolis’, presentaron este martes, na Praza da Princesa, este novo proxecto ao son da música de Frans Banfield e Brian Moure.  Segundo explicaron ante os medios, o proxecto adáptase ás necesidades actuais e ofrecerá ao espectador unha nova visión e concepto de Vigo e a súa xente. A idea desta serie web, a rodar en Vigo e nos seus arredores, é que os vigueses e viguesas teñan unha “participación notable» na mesma, como figurantes, extras e incluso guionistas, a través dun concurso de tramas no que os interesados poden enviar propostas para a realización de posteriores capítulos, optando a un premio e á colaboración na rodaxe.

O obxectivo das partes implicadas pasa por dar a coñecer novas e descoñecidas zonas de Vigo, a súa gastronomía e as praias, como forma de promocionar turísticamente a cidade como urbe dinámica e creativa. A serie seguirá a vida do seu protagonista, un novo actor vigués de 33 anos que regresa á cidade tras catro anos en Madrid para presentarse a unha proba de cámara.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.