Vigo al minuto

Traballador@s de Povisa péchanse na sede do Sergas en Vigo

Preto de 30 traballador@s de Povisa están pechados dende hai unha hora nas oficinas do Servizo Galego de Saúde en García Barbón, como medida de protesta pola situación que está vivindo a plantilla do centro. A medida forma parte das mobilizacións anunciadas polos empregados deste hospital que, hai uns días, pecháronse na sede da delegación da Xunta en Vigo e que teñen convocada unha folga xeral no centro médico dende o vindeiro día 19.

A folga ven motivada pola decisión de Povisa de empezar a aplicar aos traballadores o convenio provincial do sector – logo de non chegar a ningún acordo na negociación do convenio colectivo – o cal, segundo os cálculos do Comité de Personal, supón unha “perda de poder salarial gravísima”. Nese sentido, sinalan que un médico ou farmacéutico perde uns 478 € de salario ao mes e un celador, auxiliar de enfermaría ou administrativo unha media de 500 € mensuais.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.