Galicia

Os mariñeiros galegos da flota cefalopodeira deixarán de cobrar as axudas o día 1 de agosto

Os mariñeiros da flota cefalopodera que faenaban en Mauritania deixarán de recibir axudas compensatorias a partir do 1 de agosto porque Europa o «prohibe». Esta é a información que este martes transmitiu o secretario da CIG-Mar, quen subliñou que todos eles terán que “apuntarse ao paro, o que poida, ou buscarse a vida”.

Xabiar Aboi anunciou, ademáis que  convocou os tripulantes a unha asamblea que se celebrará o mércores a partir das 10 da mañá na Biblioteca de Marín para informarlles da reunión que os representantes sindicais mantiveron co subdirector de Acordos Internacionais da Secretaría Xeneral de Pesca, Carlos Moreno, e que, “en conclusión é máis do mesmo”. Ademáis, Aboi criticou a ausencia do titular da secretaría, Carlos Domínguez, con quen estaba previsto o encontro, e afirmou que os representantes do Goberno «non dan a cara nin tiveron un minuto en máis dun ano para recibirnos”.

O voceiro de CIG-Mar mostrouse moi descontento co acordo con Marrocos xa que indicou, “está feito para salvar á flota andaluza, mentres que para a flota galega supón faenar nunha zona á que nunca se foi e pagar coma se fosen a capturar polbo».

En opinión do representante da CIG, “coa súa  actitude, a Xunta se está a rir da xente», ao entender que a Consellería «nin sequera falou» tras o anuncio da comisaria de pesca, María Damanaki, da celebración dunha nova comisión mixta sobre a flota peláxica holandesa, na que non se abordará a situación dos cefalopoderos galegos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.