Vigo al minuto

O Concello ofrece un piso á muller e os dous rapaces desafiuzados en Navia este luns

O piso está na Rúa Anduriña

Mari Carmen Romero, que está sen traballo e que vivía xunto aos seus fillos de 8 e 18 anos de idade nunha vivenda en Navia, foi desafiuzada o luns logo de que o seus ex marido deixase da pagar a hipoteca e que a débeda, a día de hoxe, sexa de 75.000 €.

Este martes a muller e os seus dous fillos reuníronse co alcalde, quen lles ofreceu un piso na rúa Anduriña, ao que, se o desexa, poderá ir de forma temporal mentres se realizan trámites co fin de poder poñer á súa disposición “outra vivenda definitiva nun lugar máis próximo á zona na que estaban”. Ademáis, o Concello lles entregou un talón de 150 € para facer fronte a gastos de manutención e dun hotel e tamén lles dará asesoría xurídica.

Abel Caballero declarou que o asesor xurídico de Alcaldía está en contacto co avogado de oficio que leva o proceso de Mari Carmen co fin de saber se quen realiza o desafiuzamento é un banco ou ben se faino unha persoa que adquirira esa vivenda.

«Se o que desafiúza é un banco tomaranse todas as decisións anunciadas», advertiu o alcalde – quen hai meses anunciou que o Concello retirará as súas contas das entidades que efectuen execucións hipotecarias -.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.