Vigo al minuto

A CIG pídelle ao Goberno que asuma a devolución das bonificacións do tax-lease

Vulcano, este martes pola noite/Tresyuno Comunicación

Os traballadores e representantes sindicais coñeceron a decisión do comisario da Competencia, mentres permanecían pechados no interior dos estaleiros da Ría de Vigo, cualificaron de “moi mala nova” a decisión que, subliñaron, deixa ao Naval en estado terminal. So haberá unha esperanza si “o Goberno español asume a devolución das axudas declaradas ilegais polo Comisión Europea”.

A CIG lembra que o tax lease foi unha ferramenta que o Estado español puxo ao servizo dos estaleiros, estruturadores e armadores e polo tanto ten que facerse responsábel da súa devolución.É como si a lei obriga a Facenda a reter a un empregado un 12% da nómina, este fai a declaración durante anos e un bo día reclámanlle a cantidade que queda da retención do 18% que é a que querían aplicar: o empregado cumpriu coa lei, a culpa sería de Facenda”.

A central, ademáis, esíxenlle a Mariano Rajoy que compareza publicamente para avalar o novo sistema de bonificación fiscal para xerar confianza nos armadores, o que permitiría ao sector contar con financiación e ter acceso a novos contratos.

Finalmente, o sindicato avanzou que, unha vez conten co informe completo sobre o sistema de axudas, realizará unha valoración en profundidade e analizará a posibilidade de convocar mobilizacións en defensa do sector.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.