Galicia

O Sergas publica as listas definitivas de selección temporal e promoción de técnicos de riscos laborais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o anuncio polo que se dá publicidade ás listas definitivas con orde de prelación e puntuación definitiva das categorías de técnico superior en prevención de riscos laborais e técnico de grao medio en prevención de riscos laborais.

A xeración de listas efectuouse coas persoas inscritas gasta o 26 de abril de 2012. Os apuntados con posterioridade a esta data serán incluídos na relación de admitidos do seguinte proceso de xeración automatizada que se efectue na indicada categoría.

En total rexistráronse 637 aspirantes, dos cales 265 fixérono na categoría de técnico superior en prevención de riscos laborais e 372 na de técnico de grao medio en prevención de riscos laborais.

Os aspirantes inscritos poden consultar a través do sistema de expediente electrónico a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas, así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados.

Ademais, están a disposición das persoas interesadas as listas co número de orde de prelación e puntuación definitiva das persoas aspirantes admitidas nesta categoría na páxina web do Sergas

As listas entrarán en vigor con efecto do 22 de xullo de 2013, resultando de aplicación aos chamamentos que se efectuen a partir da devandita data as normas de xestión contidas no pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado por resolución do 26 de abril de 2011.

Con estas dúas, son xa 15 as categorías con listas en funcionamento dende a posta en marcha do expediente, e que contan cun total de 27.000 persoas admitidas.

 

También te puede interesar