Vigo al minuto

Según NGB, 90,1% dos seus clientes de Preferentes e Subordinadas obtiveron ou pediron liquidez polas súas accións

67.846 clientes de NCG Banco con participacións preferentes ou obrigas subordinadas das antigas caixas galegas, o 90,1% do total, obtiveron xa ou solicitaron liquidez a través das aceptacións de arbitraxe, o troco por depósitos ou a venda das súas accións ao Fondo de Garantía de Depósitos (FGD), segundo informa a entidade. O resto, subliña NGB, 9,9% do total de titulares de híbridos, pasarán a ser definitivamente accionistas de NCG Banco se non venden as súas accións antes do final do proceso.

O prazo legal establecido polo FGD para comprar con diñeiro en efectivo as accións de NCG Banco expira pasadomañá e pode realizarse en calquera oficina de NCG Banco ata o venres 12 de xullo ás 2 da tarde.

NCG Banco tramita e realiza estes días as arbitraxes programadas con 11.959 clientes aos que lles foi aceptada a súa solicitude, pero que aínda non celebraron a vista arbitral. Segundo a entidade, entre as arbitraxes pendentes, 5.042 clientes xa solicitaron a liquidez do FGD, porque “non invalida nin evita a recuperación do 100% do seu investimento inicial pola vía arbitral” e garánteles unha importante proporción da mesma.

Hai 6.917 clientes pendentes de arbitraxe que non solicitaron a venda ao FGD e para os que o prazo legal de liquidez establecido conclúe tamén este venres. A venda das accións ao FGD non invalida nin a vía arbitral (xa concedida) nin a vía xudicial para quen queira exercela libremente.

Todos os clientes interesados na venda das súas accións deben acudir á súa oficina para cumprimentar a documentación, aqueles que non o fagan durante o prazo establecido serán titulares de accións de NCG Banco que actualmente non cotizan en ningún mercado.

Tendo en conta o proceso arbitral, a recuperación media de liquidez polo cliente con híbridos de NCG é do 84% do seu nominal, «a cifra máis elevada de todas as entidades con respaldo público de capital». A porcentaxe de recuperación de liquidez ten en conta os abonos do 100% do nominal en arbitraxes, os trocos e liquidez e a diferenza neta de intereses percibidos polos clientes. Pola vía da arbitraxe, que concluirá a principios de agosto, NCG prevé resolver o 65% das reclamacións de preferentes e subordinadas presentadas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.