Vigo al minuto

Colapso nos servizos de Urxencias de Vigo

A Confederación Intersindical Galega ven de denunciar a  falta de previsión da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)para afrontar os problemas xurdidos dende o fin de semana e o longo destes días  dos colapsos que se están a producir nos servizos de Urxencias.

Segundo a CIG, a Xerencia de CHUVI toma a decisión de pechar durante o verán 5 plantas do complexo  e o servizo de reanimación no Hospital Xeral e o Policlínico Cies, mentres que nos servizos de urxencias non hai onde atender os pacientes as condicións son lamentables, non tendo nin padiolas para poder atender os pacientes nin persoal suficiente, esta mala  atención prodúcese por que a “equipa Directiva non ten capacidade de toma de decisións e antepón políticas privatizadoras  ó dereito a saúde básico a que ten dereito a poboación, poñendo en perigo a saúde , non poñendo os recursos públicos que temos o servizo da cidadanía”.

A CIG tamén denuncia a precarizacion de atención primaria da area de Vigo da cal a Xerencia dicía que  potenciaría e que a medida que pasa o tempo sufre mais recortes os cales tamén provocan os colapsos nos servizos de urxencias.

Segundo varios traballadores do Xeral e do Meixoeiro, pese a que non hai sitio xa para poner as camas, “están en todos os pasillos, mesmo preto de zonas de hixienización” e que haxa doentes que “levan esperando días nunha camilla a que lles den unha habitación”, os responsables dos hospitais “non ordenaron abrir as habitacións que seguen pechadas”. Ademáis, denuncian, as “condicións lamentables e insalubres, facilitadas pola calor” na que se atopan estas personas, “algunhas con doenzas moi serias que necesitan un tratamento inmediato”.

 

También te puede interesar