Comarcas

San Simón acollerá a finais de xullo unha nova edición do Festival Sinsal

San Simón/Tresyuno Comunicación

A Illa de San Simón acollerá, os próximos 27 e 28 de xullo, unha nova edición do Festival Sinsal. Este ano actuarán polo menos sete grupos musicais que quérense manter en segredo dado que “a programación será unha sorpresa que se irá desvelando pouco a pouco”, como xa se fixo o ano pasado no que o cartel foise descubrindo a través dos xogos nas redes sociais e na páxina web do festival.

En total, actuarán sete grupos, tres deles galegos, e existe a posibilidade de incorporar unha oitava actuación. Algunhas das pistas para coñecer a programación chegarán a través de vídeos nos que críticos musicais falarán dos grupos, pero sen mencionar os seus nomes.

Sinsal San Simón 2013 contará con dous escenarios principais e, ademais, prevese habilitar outro pequeno para a despedida do público do festival. Como novidade, realizaranse as ‘Músicas Escondidas’, pequenos recitais acústicos que, por sorpresa, se desenvolverán en lugares especiais da illa.

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, destacou a oferta «verdadeiramente alternativa, capaz de congregar públicos moi diversos, mesmo familiares, que atopan nesta programación un descubrimento constante,» ao tempo que aplaudiu unha proposta que ofrece «o diálogo entre o que soa, o espazo que envolve e a actitude de quen escoita».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.