Vigo al minuto

O BNG fai balance do mandato de Caballero, «incapaz de xestionar e sen liderazgo»

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego fixo balance dos dous anos do goberno vigués do presente mandato  ao que acusou de “incapacidade para xestionar os recursos propios e de falta de liderazgo na cidade”. O BNG salientou a falta de novas iniciativas fronte ás emendas presentadas polo Bloque en servizos sociais, emprego ou ensino.

Ademais de amosar a súa impresión da “incapacidade do alcalde para liderar a cidade e conseguir consensos cidadáns”, a portavoz nacionalista criticou o feito de que Abel  Caballero “non é quen de facer que outras administracións cumpran coas súas obrigas e competencias coa cidade” e incluso de non conseguir o apoio do seu propio partido é de sacarlle partido a ser o vicepresidente da FEMP. “Estamos agardando a que iso lle serva para algo a esta cidade, máis alá de que de vez en cando el vaia a Madrid”, destacou.

Para Iolanda Veloso, unha eiva fundamental do goberno de Caballero consiste en que o alcalde non é capaz de xestionar os propios recursos, o cal, entende, é debido en boa parte á descoordinación que existe entre os diversos departamentos municipais. “Todo ten que pasar por Alcaldía, que o paraliza todo ao actuar como un funil”, sinalou.

Exemplo destes “graves problemas de xestión”, é a incapacidade para poñer en marcha o plan de compensación contra a crise, unha das emendas do BNG aos orzamentos de 2013 que está sen executar. “Para a xente que necesita pagar recibos e comer hai cousas que van máis alá das cuestións simbólicas”, dixo en referencia a importancia que o alcalde lle concede a Peinador fronte á grave situación pola que atravesan moitas familias viguesas.

Veloso afirmou que “escolle como símbolo Peinador porque non pode escoller o porto, xa que ten moito que ver co feito de que non sexa nodal, ou o AVE”, engadíu. Neste sentido, a portavoz nacionalista criticou que o alcalde se atribúa as iniciativas postas en marcha polo BNG durante a etapa na que tivo responsabilidades de goberno, pero tamén as obras desenvolvidas por outras administracións. “Se el se atribúe a estación do AVE, tamén será responsable de que Vigo non teña AVE”, apuntou.

Afondando nesta liña, Iolanda Veloso puxo de manifesto os diversos problemas da cidade nos que o  Caballero “ten responsabilidade”, entre os que  mencionou a situación do sector naval, o desemprego, o tax lease, a xustiza – coa polémica pola supresión do partido xudicial e a cidade da xustiza – e o novo hospital.

A portavoz municipal do BNG puxo de manifesto o “cambio de postura” levado a cabo por Caballero ao comparar a negativa a cumprir o convenio do novo hospital, “no que tivo o apoio do BNG”, coa negativa a asumir o transporte metropolitano fronte ao empeño en querer pagar parte dos billetes de avión “a un señor de Guimaraes, por exemplo”, sinalou. Segundo Iolanda Veloso este cambio débese a que o alcalde “está xa en campaña”, de xeito que o seu discurso vai variando “xa non en función de intereses partidistas senón por intereses electoralistas”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.