Ciencia y Tecnología Galicia

A Deputación entrega os premios #InLugo que recoñece a laboura no uso das novas tecnoloxías

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este sábado os premios #InLugo a Adega Vía Romana, El Faro de los Tres Mundos, o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, o ‘tuitero’ Lucense Enfurecido e a empresa Intelixencia Visual, para recoñecer o seu bo emprego na provincia das novas tecnoloxías.

Adega Vía Romana de Chantada resultou vencedor na categoría de Comercio, Ocio e Restauración, pola súa aplicación das TIC para impulsar a súa actividade vitivínicola.

Na categoría de Formación, gañou o espazo educativo El Faro de los Tres Mundos, pola súa innovación en contidos para incrementar a denominada intelixencia cultural dos nenos.

Pola súa banda, o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo levou o premio de Deporte e Saúde, polo seu web como fonte de información coa que busca responder a inquietudes de pacientes de toda a provincia.

No apartado de Tecnoloxía, a empresa Intelixencia Visual foi recoñecida polo seu proxecto ‘Unha cebra na auga», que se desenvolve en máis de 20 colexios lucenses para espertar vocación científicas.

Ademais, o ‘tuitero’ @LucenseEnfurecido, foi recoñecido por «contar practicamente en directo todo o que acontece en Lugo» aos seus máis de 4.500 seguidores.

Estes premios, aos que se presentaron 40 candidaturas, foron entregados este sábado no salón de actos da Deputación no marco da clausura do I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.