Vigo al minuto

Este luns ábrese o prazo de inscripción para os campamentos de ‘Verán xove’ do Concello

O prazo de prescripción para Verán Xove, se abre este luns, día 3 de xuño ás 10 da mañá, e finaliza o xoves día 6 ás 8 da tarde. Se queres facer esta preinscripción podes facelo, esos días, dende vigoalminuto, premendo aquí, imprimindo  como resgardo o formulario web ao finalizar a inscrición. Se facilitaches un enderezo electrónico mandaranche unha copia do mesmo.

Lembra que só se poderá cubrir unha solicitude por neno ou nena. No caso de recibirse máis de unha só valerá a última eliminándose as anteriores. Tamén se anularán as solicitudes con datos incorrectos ou incompletos.

De non ter posibilidade de acceder a Internet ou de necesitar axuda para cumprimentar o formulario de solicitude, na Casa da Xuventude, en López Mora, e no Punto Xove, en López de Neira, haberá persoal de apoio, ordenadores e unha impresora a disposición.

O método de asignación será por orde cronolóxica de recepción de solicitudes. Cada neno ou nena será asignado/a na primeira das opcións elixidas con dispoñibilidade de praza.

O listado de preinscritos/as en cada unha das actividades publicarase o día 10 de xuño ás 2 da tarde. en www.xuventudevigo.org. As persoas que aparezan no listado de cada campamento terán que confirmar a súa solicitude dende as 5 da tarde  do día 10 ata o día 13 de xuño ás 20:00h, presencialmente na Casa da Xuventude ou no Punto Xove e telemáticamente a través do formulario que se habilitará na web para tal fin.

Campamentos Urbanos, Ludotecas, Actividades Xuvenis e ‘Divírtete no verán’

Este ano, as actividades, que prolongaranse ate a primeira semana de setembro, divídense en tres grandes grupos: os Campamentos Urbanos, para nen@s de 4 a 17 anos, que incorporan dous novos espazos, o Pabellón e a Praia da ETEA e a Casa da Xuventude; as Ludotecas, para rapaces e rapazas de hasta 13 anos, e as Actividades Xuvenís, pensadas para veciñ@s de 13 a 35 anos, nas que se inclúe, entre outros, o voluntariado nas Illas Cíes. A eles hai que sumar ‘Divírtete no verán’, que se levanrán a cabo no Verbum en xullo e agosto, e que están pensadas para personas con discapcidade.

A maiores, desenvolveranse dúas citas completamente deportivas, o XIV Campus Vide, no Pabellón de As Travesas, os días 25 a 28 de xuño, para rapaces de 8 a 14 anos, nun horario ininterrompido de 9 da mañá a 6 da tarde e a Vigo Cup, do 1 ao 7 de xullo para xoves de 15 a 17 anos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.