A Delegación do Goberno nega que se sancionase a Audasa por poñer sinais en galego

A Delegación do Goberno en Galicia asegurou que «non houbo ningunha sanción a Audasa polo uso do galego nos sinais da autoestrada» e que “esta confusión vén provocada polas denuncias de ‘determinados axentes’ ante a Dirección Xeral de Tráfico, a cal -como responsable da instrución dos expedientes- tras o seu estudio houbo de proceder á súa desestimación», aclarou este organismo nun comunicado.

A Delegación subliña que nin na Lei de Seguridade Vial nin no Regulamento Xeral de Circulación aparece tipificado ningún tipo de infracción sobre a rotulación de sinais en galego. Ademais, engade que todas as denuncias dos axentes son tramitadas pola DGT, a quen corresponde abrir o correspondente proceso instrutor «para determinar se unha denuncia é sancionable ou non».

«De feito, hai que explicar que unha denuncia que non se axusta a Dereito non pode concluír en sanción». Neste sentido o artigo 56 do texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial dispón con respecto ao idioma dos sinais que: ‘As indicacións escritas dos sinais expresaranse polo menos no idioma español oficial do Estado’.

“Este artigo, por se mesmo, non leva implícita infracción ningunha, posto que no devandito texto non impide o uso do idioma galego. De feito, dende a Delegación do Goberno valórase a riqueza idiomática de Galicia e, neste sentido defendeuse sempre a inclusión dos dous idiomas oficiais, nos distintos sinais de tráfico”.

Nesta liña, lembra que se acaba de asinar recentemente un convenio de colaboración entre a DGT e a Consellería de Educación para a promoción do galego. Así mesmo, a Delegación do Goberno púxose directamente en contacto co Valedor do Pobo en funcións, para informarlle a confusión formulada na súa queixa, en torno ás denuncias inexistentes cara a Audasa por parte da DGT; todo iso dentro do ámbito da colaboración e lealdade institucional entre representantes de dúas administracións con ámbitos competenciales diferentes.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.