Galicia

O número de galegos maiores de 65 anos aumentou en 65.000 personas en dez anos e ás que superan os 85, en 30.000

O número de persoas maiores de 65 anos aumentou en Galicia nos últimos 10 anos en máis de 65.000 persoas e delas máis de 30.000 superan os 85 anos, segundo os datos da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (SGXX), difundidos este venres en A Coruña no congreso desta entidade.

O seu presidente explicou en rolda de prensa que «mentres a poboación total galega diminúe lixeiramente, a poboación de maiores ascende rapidamente» e indicou que o aumento na esperanza de vida entre a poboación galega provoca que haxa «máis probabilidades» de que aparezan enfermidades, sobre todo entre o colectivo de máis de 85 anos.

Neste sentido, afirmou que «posiblemente en Galicia haxa máis de 50.000 persoas con demencia”, moitos delas sen diagnosticar que, moitas veces chegan a converterse en persoas dependentes, por iso “é prioritario que se faciliten axudas a este colectivo, aínda que os recortes económicos non permiten satisfacer todas as demandas”.

Estas e outras cuestións abordaranse no congreso da SXGG, baixo o lema ‘Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Xerontoloxía e Xeriatría’ e no que participan 250 persoas. Neste espazo debateranse e compararán os resultados de investigacións no campo do envellecemento.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.