Vigo al minuto

O PP acusa ao alcalde de contratar con entidades que fan desafiuzamentos e o goberno resposta que non é verdade

O grupo municipal do Partido Popular no Concello denunciou este luns a «dobre moral» do alcalde por asegurar que as entidades que executasen ou propuxesen desafiuzamentos non poderían concorrer a futuras operacións de crédito co Concello e na convocatoria e adxudicación da operación de crédito deste ano, por valor de 9,1 millóns de euros, non se incluíu esa cláusula.

O PP sinala que o propio interventor fai constar no seu informe de adxudicación que «o único criterio» que se tivo en conta foi o económico. Así mesmo, constatou que, das cinco entidades que se presentaron, algunhas si levaron a cabo propostas de desafiuzamento.

Esta afirmación foi desmentida pola concelleira de Facenda quen, nunha nota enviada aos medios de comunicación subliña que “o contrato que ven de pechar o Concello contempla a posibilidade de cancelar o crédito no momento que o goberno municipal así o decida. Tanto é así, engade, que «xa está previsto que, se durante a execución do contrato se constatara execución de desafiuzamento algún, se cancelaría todo o préstamo cunha amortización anticipada, sen coste algún para as arcas públicas”.

Raquel Díaz engade que “ o PP de Vigo o que intenta é ocultar que o seu Goberno non acepta as reivindicacións dos colectivos afectados, negando sistemáticamente a dazón en pago”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.