Comarcas

O BNG non da por perdida a posibilidade de moción de censura en Ponteareas

O BNG de Ponteareas insistiu este mércores en que «a negociación segue aberta» para a presentación dunha moción de censura xunto aos outros partidos da oposición, ACIP e PSOE; ao tempo que pediu a estas dúas formacións que busquen «puntos de entendemento».

Os nacionalistas, que no caso de sair adiante a moción asumirían a Alcaldía,  aseguraron que os tres partidos están «decididos a presentar a moción de censura« contra o goberno do PP e, sobre o veto do PSOE á presenza do edil de ACIP Juan Carlos González Carrera, avogou por que socialistas e independentes busquen «puntos de entendemento ante a esixencia formulada polo PSOE”.

O Bloque fixo un chamamento á «tranquilidade e ao sosego», engadindo que «os votantes das tres forzas reclaman un acordo, ninguén entendería que os tres grupos que suman a maioría continuasen na oposición tendo un programa de goberno pactado e permitisen o desgoberno dun PP en minoría e sen apoios dous anos máis».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.