Comarcas

O luns comeza a funcionar en Mos o servizo de recollida de animais abandonados

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Medio Ambiente, Julia Loureiro, adiantaron hoxe de que o vindeiro luns entrará en marcha no municipio o Servizo Provincial de Recollida de Animais Abandonados.

Dita iniciativa chega despois do convenio marco de adhesión a este servizo asinado polo Concello de Mos que permitirá aforrar un 75%, xa que pasa de pagar os 16.000€ anuais que cobraba a empresa contratada para a xestión do mesmo, a pagar 4.000€ por medio do Servizo Provincial.

Segundo o Consistorio, o servizo de recollida de animais ten un elevado custo económico para un Concello e, a través do convenio do servizo provincial, os municipios pontevedreses con menos de 50.000 habitantes, tal é o caso de Mos con preto de 15.000 veciños, poden reducir custes na recollida de animais abandoados.

O importante aforro neste servizo ven dado pola prestación conxunta do mesmo en varios municipios e pola achega económica da Deputación Provincial.

Os animais domésticos abandonados recollidos por este servizo de lacería da Deputación de Pontevedra no termo municipal de Mos pasarán a ser xestionados polo Centro de acollida e protección animal de Armenteira.

Este centro de acollida e protección de animais abandonados, que está xestionado pola empresa pública estatal TRAGSA, será un referente a nivel provincial, xa que é o primeiro centro público destas características autorizado pola Xunta de Galicia en Pontevedra e que no mesmo a Deputación Provincial garantirá o máximo respecto ás necesidades, o benestar e dereitos dos animais adiantándose ó marco xurídico solicitado na resolución de xullo de 2012 da Eurocámara.

Os teléfonos de contacto ós que chamar a partir do vindeiro luns para solicitar o servizo de lacería son os seguintes: 606 803 081 e 981 953 558.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.