164 traballos galegos contenderán no Festival de Cans

O Festival de Cans recibiu un total de 164 traballos galegos para a súa edición de 2013, mantendo o nivel respecto ao ano pasado, cando houbo 166. A dirección do festival, que se celebrará entre o 22 e o 25 de maio, salientou esta feito tendo en conta a crise económica e a «escaseza de axudas á produción».

A maioría do material presentado á décima edición do Festival de Cans é de ficción, 82 curtas son deste xénero, ademáis de 56 videoclips, 14 de animación e 12 pezas doutros xéneros.

Os responsables do evento indicou que hai un bo número de curtas con bandas sonoras de calidade, polo que decidiron crear un premio á mellor banda sonora orixinal, unha categoría que xa foi recomendada polo xurado da pasada edición do festival. Deste xeito, entregaranse en total 12 galardóns: 9 para curtametraxes, dous para videoclips e un premio de honra. Así, repartiranse 6.200 € en premios, ademais dos xa tradicionais ‘Cans de Pedra’, as figuras con forma de can realizadas polo artesán cantero local Paco Candán.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.