_agenda Agenda

Paula Cabaleiro empapela a Casa da Xuventude

A casa, a memoria, o tempo pasado, presenzas e ausencias. Ese é o tema sobre o que xira a exposición ‘Empapelando[ME]‘, unha mostra de fotografía, ilustración e gravado de Paula Cabaleiro que poderás ver desde hoxe e ata o 26 de febreiro na Casa da Xuventude.

Os papeis pintados tan comúns na vida diaria e doméstica é o punto de partida dunha obra na que o arsenal de vivencias é moi importante. Para a autora «en casa vémonos rodeados de multitude de papeis que nos prestan utilidade, que imos personalizando, que construímos e reconstruímos e nos que imos escribindo as nosas vivencias».

Poderás ver a mostra de luns a venres de 09 a 14 e de 17 a 20 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.