Vigo al minuto

O Consello de Ministros podería estudiar este venres o indulto para David Reboredo

O Consello de Ministros podería aprobar este venres o indulto para David Reboredo, segundo adiantou unha fonte do Ministerio de Xustiza a vigoalminuto. Aínda que a devandita resolución non está pechada, “porque hai varios temas na carteira do ministro”, é “moi posible” que o Goberno trate este tema na reunión de hoxe e, no caso de que non fose así, “non van a pasar moitas datas” a te que o mesmo chegue á mesa do Executivo. Proba de que a resolución podería estar próxima é o feito de que este venres está en Vigo, para reunirse coa familia de Reboredo, o vogal do Partido Popular na Comisión de Xustiza do Congreso, Jaime Olano.

Este xoves, a familia de David, que leva tres meses e medio en prisión para cumprir unha condena por intercambio de dous papelinas de droga, indicou durante unha concentración na que se pediu a resolución do indulto que agardaba un pronunciamento do Goberno este mismo venres, e no seu caso, que se lle conceda o terceiro grado,  xa que «a documentación que foi requirida ao xulgado vigués leva 6 días en Madrid».

Edmundo Reboredo, estivo presente na devandita concentración na Praza da Constitución, convocada polo grupo de autoaxuda El Imán-Cedro, para pedir o indulto. Durante o acto, no que os asistentes portaron fachos para «iluminar a Constitución e ao Consello de Ministros», deuse lectura a un manifesto no que se insiste en solicitar a medida de graza para David Reboredo, tendo en conta que «xa foi indultado pola opinión pública e polos plenos do Parlamento de Galicia e o Concello de Vigo”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.