Vigo al minuto

Seguen as protestas no concesionario Tomóvil de Vigo pola readmisión de 2 traballadores

A federación do Metal da CIG de Vigo continúa coas concentracións diante do concesionario Tomóvil (Ford), na estrada de Camposancos, en San Andrés de Comesaña, para reclamar a readmisión de dous traballadores despedidos por opoñerse da intención da empresa de precarizar as condicións laborais. As protestas repítense todos os luns, mércores e venres dende hai máis de dous meses.

Dende a central nacionalista sosteñen que se trata dun novo caso de represión sindical xa que os dous despedidos, con 30 anos de antigüidade na empresa, son afiliados da central e un deles era o anterior delegado de persoal en representación da CIG.

Explican desde a CIG que a notificación do despedimento chegoulles ademais xusto despois de que amosasen a súaoposición aós plans da empresa de modificar as condicións laborais ao amparo da nova reforma laboral do PP.

Neste senso, dende a federación do Metal explican que «o máis grave é que deciden botalos porque son os únicos que protestaron pola redución de salario, o cambio das vacacións e a modificación do xornada que pretende a dirección incumprindo o convenio colectivo».

Os dous despedidos contaron tamén coa solidariedade dos empregados do concesionario Tomóvil sito en Ourense, que a mediados de febreiro desenvolveron unha acción de protesta diante do seu centro de traballo na que reclamaron a readmisión dos seus compañeiros de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.