Comarcas

250 escolares prantan árbores en Mos

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA), do CEIP Mestre Martínez Alonso, de Castro-Mos, organizou hoxe unha xornada de convivencia adicada á prantación de árbores no recinto exterior do propio colexio e en terreos do monte da parroquia de Mos.

Os alumnos e alumnas do Mestre Martínez Alonso prantaron un total de 60 árbores, doadas pola Comunidade de Montes de Mos e de tres especies diferentes: oliveiras, cerdeiras e castiñeiros.

Segundo explicaron dende a directiva da ANPA, levan organizando esta iniciativa dende fai xa varios anos. Trátase dun día de convivencia durante o que os escolares de maior idade saen ó monte a realizar a prantación, mentres que os máis pequenos fan o propio na parcela ó aire libre da que dispón o centro educativo.

A media mañá, pequenos e maiores disfrutan dunha merenda a base de foita coa que os obsequian dende a ANPA.

Con esta actividade, declaran dende a Asociación de Nais e Pais de Alumnos de Castro-Mos, «preténdese fomentar a práctica de hábitos saudables entre os cativos, así coma a concienciación medioambiental». E é que, anos atrás, este acto solía celebrarse con motivo do Día Internacional do Medioambiente, pero como cadraba nunha mala época para a prantación, dende a organización decidiron adiantar a data.

Nesta actividade participaron tódolos alumnos e alumnas do colexio de Castro-Mos, preto de 250. Os rapaces de cuarto, quinto e sexto cursos de Educación Primaria foron os que saíron ó monte e prantaron máis de 50 árbores, mentres que os nenos de tres, catro e cinco anos de idade, xunto cos de primeiro, segundo e terceiro cursos de Primaria realizaron a prantación de 7 árbores no exterior do centro educativo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.