Destacados Vigo al minuto

Vigo da un paso más para atraer a ‘congresistas’

Firma del convenio.
Firma del convenio.

A Fundación Vigo Convention Bureau abre as súas portas ás entidades privadas coa sinatura hoxe dos convenios de colaboración coa Asociación Agarimo de Turismo Rural do sur da provincia de Pontevedra e a Asociación de Hosteleiros de Vigo, Ahosvi. Segundo afirmou o tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, esta sinatura ten o obxectivo de potenciar o sector turístico da cidade.

El resultado es que los hoteles vigueses y las casas rurales de la comarca tratarán de captar congresos para la ciudad con el fin de aumentar así su ocupación y la cifra de visitantes que recibe cada año la ciudad olívica.

O tenente de alcalde destacou que unha das liñas marcadas para a Fundación Vigo Convention Bureau establece que «ten que contar coas sinerxias de todos os sectores relacionados co turismo para que Vigo sexa referente de ocio e negocio».

Santi Domínguez explicou que mediante o convenio o Vigo Convention Bureau comprométese a contar con estas dúas entidades, que contribúen con 1.500 euros anuais, na prestación de distintos servizos e para espallar dende as súas asociacións a imaxe de Vigo como captadora de congresos e convencións. «A fundación púxose en marcha hai uns meses posto que a cidade precisaba estar onde se reparten os grandes congresos e convencións internacionais», lembrou.

O presidente de Ahosvi, Jaime Fernández, asegurou que era necesario poñer en marcha a Fundación Vigo Convention Bureau «porque hoxe en día non pode haber cidades que non estean nela». Destacou que con esta entidade vai «mellorar bastante» a ocupación hoteleira e número de turistas que se acheguen á cidade. Agradeceu á Fundación, ao Concello de Vigo e en particular a Santi Domínguez a súa aposta polo sector, ao igual que manifestou o presidente de Agarimo, Ventura García. «É de xustiza colaborar e recabar colaboracións porque cremos que podemos contribuír á promoción da cidade», destacou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.