Vigo al minuto

O BNG rexeita a «rebaixa trampa» da peaxe Vigo-Pontevedra

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila e a deputada no Parlamento Galego Carme Adán, acompañadas da concelleira do BNG en Redondela, Cecilia Pérez Orxe, mantiveron esta sábado unha reunión coa plataforma de Chapela contra a ampliación de Rande. Alí manifestáronlles o seu apoio e anunciaron que o BNG continuará traballando no Congreso e no Parlamento para paralizar esta actuación. Tamén neste contexto, as deputadas nacionalistas anunciaron a súa oposición ao acordo de Audasa para rebaixar a peaxe só a aquelas persoas con aparato no tramo Vigo-Pontevedra”.

Para o BNG, tal e como explicou a portavoz no Congreso, o máis grave da decisión é que se vai financiar “cun incremento de todos os demais tramos para todos os demais usuarios e usuarias. Estamos ante unha enxeñería tramposa da ministra de Fomento, unha tomadura de pelo”.

«O único que fixo a ministra foi cargar sobre os usuarios unha redución que vai recaer sobre os usuarios”, continuou, “isto é inasumíbel, sobre todo tendo en conta que Audasa está tendo moitos beneficios”. “Se hai que facer rebaixas ou obras ten que ser a conta de Audasa”, afirmaron as deputadas do BNG, “non con cargo aos usuarios e usuarias para garantirlle beneficios á empresa”.

Ampliación de Rande

Tal e como lles explicaron os membros da plataforma, a parroquia de Chapela “resultará moi afectada porque nesa zona están o colexio, o instituto, o centro de saúde”, deste xeito, as obras, tal e como explica Fernández Davila, “van xerar inseguridade viaria e tamén nas vivendas que quedarán a rente da autopista”.

O BNG quer que o Goberno explique as razóns desta ampliación e por que ten que continuar dende o quilómetro 150 até a saída de Vigo xa que, tal e como insiste a deputada no Congreso, “neste tramo non hai saída ningunha e só vai xerar un caos circulatorio, é un proxecto que non ten sentido».

Olaia Fernández Davila e Carme Adán enfatizaron que “ten que haber alternativas á ampliación da ponte de Rande, alternativas que pasarían pola A-57″.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.