Vigo al minuto

Afectad@s polas Preferentes maniféstanse en Pontevedra e Marín e, mañá, en Redondela

Afectad@s polas Preferentes na Subdelegación do Goberno en Pontevedra

Centos de Afectados pola compra de Participacións Prefrentes manifestáronse este xoves en Pontevedra e Marín para esixir ao Goberno que aplique unha “solución política a un problema político” e garanta que os “milleiros de aforradores aos que nos estafaron recuperemos todos os nosos cartos”.

Os afectados, vestidos coas súas camisetas vermellas, concentráronse ante a Subdelegación do Goberno da capital, pasadas as 5 da tarde e permaneceron neste lugar, moi preto da sede da Deputación, onde xa se deixaron ver noutras ocasións, ate pasadas as 7.

Pola mañá, os aforradores deixáronse ver en Marín, diante das oficinas de Novagalicia Banco na rúa Jaime Janer e na Praza de España. Como xa fixeran noutras ocasións, esixiron máis axilidade nos arbitraxes que, segundo declararon, “apenas chegan a 75 ao día e, a esta velocidade, tardaremos en cobrar todos máis de 300 anos”. As plataformas de afectados, que manteñen a súa protesta, este venres de 10 da mañán ao mediodía diante do Concello de Redondela, ademáis de animar á xente a secundar as súas mobilizacións, optaron, neste caso por ir vestidos de presos, “para que quede craro que así é como nos teñen ao secuestranos e roubarnos o que tiñamos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.