Vigo al minuto

Afectad@s polas Preferentes esixen unha solución inmediata e rexeitan as denuncias de NGB

Afectados polas Preferentes na Deputación hai dúas semáns

Uns 200 afectados pola compra de Participacións Preferentes de Novacaixagalicia interrumpiron onte o Pleno da deputación de Pontevedra para esixir un compromiso dos tres grupos da mesma, PP, PSOE e BNG, na búsqueda dunha “solución política”que remate co seu problema e facilite que recuperen os seus cartos.

Os afectados, que non deixaron falar ao presidente do organismo provincial durante varios minutos e provocaron a suspensión do pleno, berraron que non consentirían que o Goberno imponga unha quita e, ao berro de “somos aforradores, non inversores!” esixiron a inmediata devolución de todos os seus cartos.

Aínda que o Pleno aprobou, por unanimidade, unha declaración a prol dos afectados, estes, como xa fixeran na sede da Deputación o pasado día 11, advertiron que “o tempo remata” e que “xa non chegan as declaración de boas intencións, é o momento de dar unha solución que pasa por que nos devolvan todos os nosos aforros”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación ofreceu aos afectados datos sobre o número de reclamacións presentadas, así como as derivadas ata o de agora para a arbitraxe, as vistas realizadas e os laudos ditados. Rafael Louzán informou que se recibiron no Instituto Galego de Consumo un total de 51.560 reclamacións, das que xa foron remitidas a entidade NGB un total de 50.759 solicitudes de arbitraxe.

Estas solicitudes quedáronse en 47.437, unha vez que se procedeu á eliminación daquelas que estaban duplicadas e das que correspondían a outras entidades financeiras. Destas reclamacións, a día de hoxe foron aceptadas por Novagalicia Banco para a arbitraxe un total de 12.496, téndose celebrado 11.918 vistas e emitidos e notificados un total de 11.658 laudos, todos eles favorables para o reclamante.

O importe dos laudos ascende a 231.108.192 euros, dos que, ata o día de xaneiro, xa foran devoltos aos aforradores un total  221.206.840 euros , correspondentes a  11.574 laudos.

Por último, o voceiro da Asociación de Afectados do Val Miñor, asegurou, en relación coas denuncias presentadas por NGB, por presuntas ‘coaccións e ameazas’, contra tres dos afectados, que non existiu o devandito acoso, “nen siquera falta de respeto” aos empregados do banco, “nin cando siguen co engano dicindo, o teu non son Preferentes os teus cartos están a prazo, non te preocupes e vaite para casa”.

José Manuel Fernández, amosou a súa sorpresa polo feito de que NGB interpoña demandas pola vía penal e pregúntase, “non sería máis normal que, nesta situación que eles mesmos causaron, citasen aos afectados en cuestión e aos, supostamente, ameazados traballadores e e poner paz sentados a unha mesa?”. Ao seu xuizo, “non estará buscando a entidade desacreditar aos afectados? Non deberían pensar que eles mesmos están desacreditados por estafadores, como proban os 8.000 millóns en perdas en 2012?”

Ademáis delo, Fernández califica de “xulgado de garda” que Novagalia Banco ameace con deixar fora da arbitraxe aos ‘supostos ameazantes’, “sempre nos dixeron que o banco, dacordo co sinalado pola Unión Europea, estaba á marxe do proceso de arbitraxe e, agora, resulta que ten potestade para decir quén entra nel ou non?”. O voceiro lembrou que non é a primeira vez que o banco fai isto e lembra que o director da oficina de Gondomar, cando había varias personas pechadas no caixeiro da mesma ameazounos con deixalas fora da arbitraxe, “e esa sí que é unha coacción en toda regra”.

 

También te puede interesar