Vigo al minuto

O alcalde adianta que asinará o convenio de Teleasistencia a semana que ven

Segundo adiantou este martes o alcalde, o Concello analizou onte o procedemento administrativo para asumir o Servizo de Teleasistencia, e  contactará coa empresa que o presta para que non retiren os dispositivos de teleasistencia aos 590 beneficiarios en Vigo.

Abel Caballero indicou que cree que a vindeira semana será posible asinar un novo contrato provisional, que estará vixente “dous ou tres meses máis”, e que será previo a un contrato negociado que se alongará ata que estea resolto o concurso público deste servizo.

Caballero criticou ao Goberno  e á Deputación de Pontevedra por eliminar a financiación para a prestación da teleasistencia, un sistema de alerta sanitaria que empregan maiores que viven sos. O rexedor recordou que a competencia en materia social corresponde á Xunta, administración á que o Concello reclamará o investimento nesta cuestión por vía administrativa e incluso xudicial.

«Unha vez máis, esta cidade ten que valerse por si mesma», afirmou o alcalde, despois de que o Concello asumirá a teleasistencia xa que «non imos deixar que ninguén quede tirado».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.