Galicia

O prezo do leite fixarase en canto chegue aos 32,5 oy 33 céntimos de euro

O xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) explicou que se prevé que o prezo do leite vendido no pasado mes de decembro sexa de 31 céntimos de euro e confiou en que “esta cifra chegue aos 32,5 ou 33 céntimos en xaneiro para fixar o seu prezo”.

Nunha entrevista concedida a Radio Nacional España  (RNE), Higinio Mougán asegurou que tras o acordo para o custo do leite alcanzado a finais de 2012, «pódese falar craramente dunha mellora real, aínda que hai que preguntarse se é suficiente».

Mougán indicou que a súa impresión é que a suba dos prezos está a repercutir un 8 ou un 9%, maila que a estimación para recuperar os prezos estaba no 13%. O xerente de Agaca engadiu que “e o consello que lle damos aos gandeiros é que asinen contratos que recuperen prezos a longo prazo, non só para tres ou seis meses, senón como mínimo dun ano».

Higinio Mougán criticou con dureza a grande distribución láctea de Francia que, na súa opinión, so tenta manter un prezo elevado no seu mercado e colocar os excedentes a prezos baixos en mercados secundarios como España e Portugal, “colocan aquí os seus excedentes aos prezos que sexa, sen ningún tipo de barreiras, e mesmo por debaixo do que pagan aos produtores», denunciou.

Por iso, lamentou que non haxa ningunha autoridade que actúe nestos casos, “as autoridades de aquí escúdanse en que é competencia da Unión Europa, polo que non hai xeito de tramitar as denuncias e actuar para corrixir estas manipulacións do mercado perfectamente dirixidas e planificadas».

Mougán salientou que o sector lácteo ten que apostar pola comercialización, xa que, advertiu, «non hai negocio que saia adiante sen ela, é o mesmo que sexa individual ou colectivamente”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.