Vigo al minuto

O BNG permite ao Goberno de Vigo sacar adiante o seu orzamento de 228,8 millóns de euros

Imaxe dun pleno municipal anterior

Este xoves, os concelleir@s do PSOE e do BNG validaron as contas do Concello para 2013 co que quedou aprobado de xeito inicial o orzamento municipal que ascende a 228,8 millóns de euros. Grazas aos votos do BNG, o Goberno en minoría do rexidor, Abel Caballero, recibiu o visto bo, pese aos votos en contra dos concelleiros do PPdeG.

Durante o debate plenario, a responsable de Economía e Facenda, Raquel Díaz, destacou que o presuposto de 228,8 millóns de euros é o terceiro máis elevado na historia polo «maior esforzo en gasto social e emprego» realizado e que están centrados na «acción social, no emprego e na educación e o deporte».

O orzamento municipal para 2013 ten dous obxectivos básicos, segundo informou Díaz, a reducción progresiva da presión fiscal e a rebaixa do endebedamento do Concello, que caerá nun 2,12% quedando no 25,74%.

Díaz apuntou que o de 2013 ten o maior gasto en política social dun orzamento do Concello, 20 millóns de euros, cando hai sete anos adicábase ao efecto 7 millóns. Salientou a concelleira de Economía o apoio a entidades sociais, os programas de atención e o Centro de Inclusión Social da cidade, o único destas características que xestiona un municipio en Galicia.

En materia de emprego, o Concello destina 20 millóns para políticas directas e indirectas, investimentos e convenios para a creación de postos de traballo.

Educación lévase 11,5 millóns deste orzamento municipal incluíndo partidas para dúas novas escolas infantís municipais a construir en Navia e Lavadores e conxelando os prezos das seis en funcionamento, ademais da próxima apertura da sede viguesa da UNED -que financia integramente a cidade de Vigo- e de incrementar as bolsas de comedor.

A edil apuntou que Cultura terá un «apoio claro» do goberno local con 7 millóns, incluíndo unha partida para financiar o 90% do orzamento do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e o Deporte, tanto de base como de elite, verá incrementados os seus recursos nun 6%, ata os 8,6 millóns estipulados para 2013.

No capítulo de investimentos, o goberno contará o próximo ano con 14 millóns para «xeración de emprego e infraestruturas de futuro» como mercados e escolas infantís. O mantemento dos barrios e das parroquias leva 2 millóns de euros e as subvencións á entidades increméntase nun 14,1% ata os 23,5 millóns.

Díaz afirmou que a débeda do Concello de Vigo se verá rebaixada ata un 25,74%.

Por a súa parte, o voceiro do BNG, Santi Domínguez, recordou que foron as enmendas incluídas polo seu grupo as que permitiron conxelar as tarifas do autobús e da auga, así como a suba en 3 millóns para emprego e política social, xunto coa inclusión de partidas para dúas novas escolas infantís en Navia e Lavadores.

En contra mostrouse o responsable do PPdeG, José Manuel Figueroa, quen ve «insuficiente» un orzamento que «non soluciona os problemas» sociais, culturais e deportivos da cidade.

Para os populares o orzamento aprobado incrementa a débeda ata os 80 millóns e reclamou ao Goberno local facilitar os investimentos en Vigo doutras administracións e de entidades privadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.